As seis agrupacións que participan nas ‘Xornadas de Folclore’ actúan hoxe na Praza da Veracruz

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A cita de hoxe coas Xornadas de Folclore na vila do Arenteiro incluirá ás actuacións das seis agrupacións participantes nesta edición, según informou tanto a Deputación Provincial coma o Concello do Carballiño. Deste xeito, aos espectáculos de Chile, Irlanda do Norte e Xeorxia, súmanse os dos grupos de Arxentina, Filipinas e Ucraína. A poboación do Carballiño poderá desfrutar da oferta completa destas ‘XL Xornadas de Folclore’ a partir das 22,30 horas na Praza da Veracruz, enclave que foi escollido por ser un dos espazos máis emblemáticos do municipio.

Así, o público asistente coñecerá a tradición, música e cultura dos seis países a través das actuacións de Huayra Muyoj (Arxentina), Ballet Folclórico Municipal de Rancagua (Chile), Phicas of BC (Filipinas), Royal Tara Dance Academy (Irlanda do Norte), Folk Dance Ensemble Volynianka (Ucraína) e National Honored Song and Dance Ensemble Georgian Folklore “TSMU” (Xeorxia). As seis agrupacións contan cunha longa traxectoria enriba dos escenarios, da que darán boa conta no concerto de mañá.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Por outra banda, a Alameda da localidade de Entrimo foi onte o único escenario do festival, coas actuacións folclóricas dos grupos de Arxentina, Filipinas e Ucraína, xa que a actuación prevista para ás 22,30 horas na Praza Maior de Viana foi cancelada por motivos de seguridade debido aos incendios que asolan a zona. Ademais, tal e como comunicou a organización das Xornadas, hoxe tamén queda suspendidas as actuacións en A Rúa, e o Festival previsto na  Praza Maior de Carballiño trasladase á Praza da Veracruz coa participación das seis agrupacións

As actuacións das Xornadas de Folclore quedaron restrinxidas por terceiro día consecutivo a unha soa vila, Entrimo. No contexto da situación actual de emerxencia na provincia polos incendios forestais, en coordinación cos concellos e baixo o principio de precaución e seguridade, a organización das Xornadas de Folclore decidiu a cancelación do espectáculo previsto para hoxe en Viana, así como as actuacións programadas para hoxe sábado, día 16, na Rúa e o luns, día 18, en Trives.

Despois de dous días sen poder actuar polas cancelacións, a Alameda de Entrimo recibíu aos grupos Huayra Muyoj de Arxentina,  Phicas of BC de Filipinas e Folk Dance Ensemble Volynianka de Ucraína. A agrupación ucraína foi creada no ano 1959 na cidade de Lutsk, no noroeste do país, próxima á fronteira polaca, sendo unha das poboacións máis antigas do país. O repertorio que ofrecen bailaríns e músicos  inclúe, sobre todo, danzas e coreografías creadas e baseadas no folclore da Polesia, rexión pantanosa que se estende por Ucraína, Bielorrusia e Polonia. Representa o ciclo festivo anual rural, conservador e transmisor da cultura popular do país. Tamén incorpora o folclore doutras rexións de Ucraína e bailes cosacos. O folclore deste país é coñecido e admirado polos seguidores das Xornadas, xa que participou noutras edicións, e sempre foi agasallado con fortes aplausos.

Hoxe, 16 de agosto:  Praza da Veracruz Carballiño

Debido ás obrigadas cancelacións destes últimos días por motivos de seguridade, a organización tomou a decisión de levar ata Carballiño ás seis agrupacións folclóricas participantes nas Xornadas. Por iso o escenario trasladase dende a Praza Maior ata a Praza da Veracruz. A cita será ás 22,30 horas.

O resto de actuacións na provincia, salvo as de hoxe, día 16, na Rúa, e as de Trives, o luns, día 18, mantense polo de agora, pendentes da evolución dos lumes en Ourense para tomar as decisións máis axeitadas.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------