O subdelegado do Goberno mantén o seguimento da evolución dos incendios que afectan á provincia

O subdelegado do Goberno en Ourense, Eladio Santos, trasladouse esta mañá, un día máis, ao Centro de Coordinación Operativa Contraincendios (CECOP) para seguir a evolución dos incendios que afectan a varios puntos da provincia.

Santos agradeceu o traballo dos profesionais que coordinan a emerxencia día a día. Ademais, seguiu a última hora das actuacións da Garda Civil e, en concreto, dos 60 efecticos dos Grupos de Reserva e Seguridade (GRS) trasladados ás zonas afectadas.

Así mesmo, o subdelegado remarcou que “como dixo o presidente, Pedro Sánchez,  a provincia de Ourense conta co apoio do Goberno de España para facer fronte a esta emerxencia”.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------