A Praza Maior do Carballiño acollerá dende a tarde deste venres, 22 de agosto, a ‘Feira do Stock de Verán’, organizada pola asociación Centro Comercial Aberto (CCA) coa colaboración do Concello e da Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia. O evento foi presentado esta mañá coa asistencia de Noelia Mares, xerente da entidade que agrupa aos comerciantes locais; Lorena Castro, edil de Educación, e Gabriel Alén, responsable do devandito departamento autonómico.
Serán 16 os establecementos comerciais os que participen na feira, que será inaugurada o venres, día 22, ás 17,00 horas, e que nesa xornada permanecerá aberta ata as 22,00 horas. Según apuntou Noelia Mares, “nesta feira ofreceranse descontos de ata o 80% nos prezos de venda, e a cada cliente entregaráselle unha papeleta para o sorteo de seis vales de compra por un importe de 50 euros”. Este sorteo será presencial e terá lugar na tarde do domingo durante a clausura do evento.
Roupa, calzado, complementos e outros artigos integrarán a oferta dos comerciantes do CCA no recinto da Praza Maior, que abrirá tamén o sábado, día 23, e o domingo, día 22, en horario de 11,00 a 14,00 e de 17,00 a 22,00 horas.