----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A xornada comeza coa ambientación musical da agrupación “Os serandeiros” na feira do 16 de setembro do Carballiño. Xa pola tardiña, a poboación poderá desfrutar de concertos e pirotecnia.
Así, a orquestra El Combo Dominicano presentará o seu espectáculo na Praza da Veracruz, nun primeiro pase que comezará ás 21,00 horas, mentres que o segundo será a partir da 1,00 horas.
No intermedio, terá lugar dende as 23,00 horas e na explanada de entrada ao Parque Municipal unha sesión pirotécnica de fogo fixo e voador.
De seguido, ás 23,30 horas, a banda Broken Peach ofrecerá un concerto na Praza Maior.
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------