Veciñas e veciños de Doade volven convocar con éxito unha concentración simbólica diante da oficina pantasma que a
empresa mineira declarou como a súa nova “sede fiscal”. Iso, despois de ter asistido á manifestación de Santiago
convocada por Por un monte galego con futuro do que o colectivo SOS SUIDO-SEIXO fai parte, para manifestar a
indignación ante vaga de lumes tráxicos deste tempo.
“Están intentando minar a moral da xente, coma quen que non podemos facer nada, pero nós estamos fortes e
convencidas de que imos parar esta mina, que xos botamos máis veces das nosas propiedades, aquí a maioría xa somos
maiores, pero temos moito que dicir, o pouco tempo que nos quede, queremos vivilo en paz, e os que veñan atrás
tamén”
Alén diso, nunha mostra de dignidade e serenidade exemplares a veciñanza cantoulle con humor aos veciños que
quedaron no bar “Vente veciño, sin aghua non hai viño” ou “Beariz, esperta, a ti tamén che afecta”. “Cadaquén é libre
de pensar o que queira, niso non nos metemos, pero se paramos esta barbaridade, parámola para todos, tamén para os
veciños que non queren manifestarse e para os alcaldes dos concellos afectados, que beben a mesma auga ca nós”
SOS Suido-Seixo que tamén acompañou á veciñanza desta volta, lembra que o proxecto aínda NON está aprobado, e
que aínda que foi declarado estratéxico pola Comisión Europea onde se vai tramitar será na Xunta de Galicia.
SOS SUIDO-SEIXO lembra que se esgotarán os procedementos administrativos e que se farán valer as leis e subscribe a
denuncia das Brigadas Deseucaliptalizadoras:
“[…]Denunciamos que a Xunta siga empregando o monte galego como obxecto de especulación, ou como solo
barato para as grandes corporacións multinacionais enerxéticas, pasteiras e mineiras que expulsan ás persoas do
rural na procura do seu lucro privado. […]E agardamos que non se aproveite esta situación de desgraza
ambiental e social para favorecer os intereses dos lobbys enerxético, mineiro, urbanístico, e forestal.”
Máis dun cento de veciños e veciñas volven a mobilizarse contra a Mina Doade, primeiro enSantiago e despois en Beariz, diante da oficina pantasma de Samca.
----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE
---------------------------------------------------------------------------------------------------