O BNG alerta sobre a tala e poda “indiscriminada” de árbores no Parque Municipal do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O BNG do Carballiño vén de denunciar “unha tala e poda indiscriminada de árbores no Parque Municipal, unha actuación que está a xerar unha fonda preocupación veciñal polo seu impacto ambiental e paisaxístico”. Os nacionalistas consideran que “esta intervención non semella responder a ningún criterio técnico claro: foron apeadas árbores aparentemente sanas, mentres que se deixaron en pé exemplares secos que deberían ser saneados”.

Ante esta situación, a formación nacionalista anuncia a presentación no rexistro do Concello do Carballiño unha solicitude formal de información para coñecer “se existe algún criterio técnico ou estudo ambiental que xustifique a elección das árbores apeadas e podadas” e “a identidade da empresa encargada da retirada da madeira, o seu destino final e o valor económico da mesma”.

Ademais, o BNG critica que a poda fose realizada en pleno mes de setembro, fóra da época recomendada, poñendo en risco as árbores podadas, e sen ningunha urxencia que a xustificase, xa que as festas do verán xa remataran. Ningún técnico forestal obaría unha actuación destas características nesta época do ano.

Por todo elo, dende o BNG esixen “transparencia, respecto polo patrimonio natural, e a paralización inmediata de intervencións similares sen aval técnico nin xustificación de urxencia.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------