A VALEDORA DO POBO AVALA AS FAMILIAS E DÁ UN MES Á CONCELLARÍA DE EDUCACIÓN PARA ENTREGAR O EXPEDIENTE E RESPONDER ÁS ALEGACIÓNS
O Carballiño, 26 de setembro de 2025
A Asociación de Nais e Pais do Conservatorio Profesional de Música do Carballiño (ANPA) informa á cidadanía de que a **Valedora do Pobo, mediante resolución do 25 de setembro de 2025, vén de dar a razón ás familias** nas súas queixas pola tramitación irregular da Ordenanza Fiscal nº16, que regula as taxas do Conservatorio (CMUS) e da Escola Municipal de Música (ESMU).
O QUE DÍ A VALEDORA
No seu escrito, a Valedora conclúe que:
1. A ANPA é **parte interesada de pleno dereito** no procedemento.
2. A Concellería de Educación **non pode negar o acceso ao expediente nin ocultar documentación**.
3. O dereito de acceso ao expediente forma parte esencial da **boa administración pública**.
4. A Concellería dispón dun prazo dun mes para corrixir a súa actuación, entregar o expediente e comunicar á Valedora as medidas adoptadas.
En resumo, a Valedora tivo que “recordarlle O Concello e á Concellaría de Educación algo tan básico como cumprir coa lei e respectar ás familias”, e ademais “fixoulle un prazo concreto dun mes para facelo.”
Teñen que contestar ás alegacións presentadas pola ANPA
UNHA ACTITUDE RECORRENTE E GRAVE
Non estamos diante dun feito illado. A ANPA denuncia que a ConcellAría de Educación leva tempo cunha actitude marcada por:
Falta de participación real, ignorando as canles oficiais de diálogo.
*Ausencia de convocatoria do Consello Escolar do Conservatorio para consensuar a ordenanza de taxas coa comunidade educativa , órgano que debería ser garante da participación democrática da comunidade educativa.
*Opacidade constante, negando acceso á documentación e retrasando trámites básicos.O mesmo pasa co expediente das obras do Radón
* Unha soberbia política prolongada no tempo, que non respecta ás familias nin ás entidades representativas.
CONSECUENCIAS DA ORDENANZA
A Concellería aprobou unha ordenanza que:
*Sube as taxas ata un 60%, sen memoria económica coñecida.
Elimina a bonificación por discapacidade do 50%, penalizando alumnado xa matriculado e futuros candidatos/as.
Ignora deliberadamente as alegacións da ANPA, sen resposta motivada.
Non é un erro: é unha decisión política consciente que exclúe, discrimina e pecha as portas ao acceso á educación musical pública.
O COMPROMISO DAS FAMILIAS
A resolución da Valedora confirma que as familias tiñamos razón. Por iso:
Exiximos á Concellería o cumprimento inmediato da resolución e a entrega íntegra do expediente no prazo dun mes.
Reclamamos a convocatoria urxente do Consello Escolar do Conservatorio paralizado de forma inxustificada .
Continuaremos defendendo unha ordenanza xusta, inclusiva e transparente.
Usaremos todas as vías legais, institucionais e sociais dispoñibles para facer valer os nosos dereitos.
UNHA CHAMADA URXENTE
Chamamos á Corporación Municipal e á veciñanza do Carballiño a tomar conciencia:
A Valedora xa puxo data: un mes para cumprir.
Se a Concellaría non o fai, quedará en evidencia diante da cidadanía e das institucións.
É hora de abandonar a soberbia política e de respectar a lei, a transparencia e ás familias.
A discapacidade non pode ser penalizada. A cidadanía e a comunidade educativa non merece ser tratada con desprezo.