O PSdeG-PSOE de Ourense sinala que o compromiso “férreo” do Goberno do Estado coa provincia de Ourense, despois de que o Consello de Ministros autorizase ao Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible a licitar por 14,5 millóns de euros un contrato para rehabilitar o firme entre os quilómetros 138 e 176 da autovía A-52. As e os socialistas destacan que esta actuación “permitirá mellorar a seguridade viaria, a capacidade do firma e conservar adecuadamente o patrimonio viario dunha autovía clave nas comunicacións na provincia”.
A deputada no Congreso, Marga Martín Rodríguez, e o senador, Rafael Rodríguez Villarino, fan fincapé en que “estamos ante unha actuación moi necesaria, nunha autovía empregada a diario por milleiros de persoas, tanto da provincia, como doutras partes do territorio nacional”. A actuación contempla a mellora do firme da autovía A-52 ao seu paso polos concellos da Gudiña, Riós, Vilardevós, Verín, Monterrei e Cualedro e súmase a outros investimentos realizados ao longo dos últimos anos, completando deste xeito a mellora total do firme desta vía de comunicación ao longo da provincia de Ourense.
Villarino e Rodríguez apuntan a que este investimento e os traballos que comezarán en próximas datas “amosan a importancia que ten para o Goberno a A-52, unha vía de alta capacidade clave para a mobilidade, o transporte de mercadorías e persoas e a cohesión territorial do noroeste peninsular, ao unir a provincia de Ourense coas Rías Baixas e coa Meseta Central”.
A deputada e o senador do PSdeG-PSOE de Ourense lembran que dende a chegada de Pedro Sánchez á Moncloa no 2018, “o Ministerio realizou investimentos de máis de 110 millóns de euros na conservación e mantementos de estradas na provincia”. Ambos coinciden ao sinalar que “estamos ante investimentos moi importantes e que remataron con anos de desleixo durante os gobernos do PP, onde se abandonaron por completo as infraestruturas e non se investiron os cartos axeitados para a mellora das mesmas”.
As actuacións nestes 38 quilómetros da A-52 están orientados á eliminación parcial e reposición do firme existente, estendendo unha nova capa de 3 cm de espesor co obxecto de aumentar a capacidade estrutural para adecuala ás acción do tráfico e ampliar, deste modo, a súa vida útil. Asemade, as labores de rehabilitación superficial consistirán no estendido dunha capa de selada sobre a capa de rodadura drenante existente e o estendido dunha nova capa de 3 cm de espesor.