Presentación do novo libro “Os Bolechas, lembranzas con sabor a chocolate: a casa do chocolate de Galicia”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Este sábado 11 de outubro 2025 preséntase na Colección Museográfica, Casa do Chocolate en Parada de Sil, Ribeira Sacra o novo Libro de “Os Bolechas”.

O libro conta, dunha maneira amena e sendo protagonistas os Bolechas, a historia do chocolate dende as súas orixes ata o creación e traballo que tivo a Familia Casares da súa Fábrica de Chocolate en Teimende. E todo o proceso de convertir os graos de cacao en tableta de chocolate.

A Casa do Chocolate de Galicia, por tanto, tamén celebra este día, abrindo as súas portas con 2 visitas guiadas teatralizadas e gratuítas, mostrando como foi o decorrer do chocolate ao longo dos séculos. Personaxes coma Moctezuma, Hernán Cortés, os recolectores do cacao, os monxes do Mosteiro de Pedra, a aristocracia do século XVIII ate as 4 xeracións de chocolateiros artesáns que foron a Familia Casares que nos ensinarán e porán en funcionamento as máquinas que elaboraban o famoso Chocolate Caldelas.

Animamos a visitarnos este sábado ás 12:00 hrs ou as 17:00 hrs. para disfrutar do único espazo museográfico adicado ao chocolate en Galicia.

Tódalas persoas que nos visiten terán un agasallo ao finalizar a visita e poderán mercar o NOVO LIBRO DE OS BOLECHAS: “ Lembranzas con sabor a chocolate: A Casa do Chocolate de Galicia”

R  Esta Xornada de Visitas guiadas teatralizadas será gratuíta para tódolos asistentes.

R  Faranse visitas guiadas ás 12:00  e as  17:00 hrs do sábado 11 de outubro.

R  Visita guiada aconsellada para nenos maiores de 7 anos.

R  Sen reserva previa.

R  +INFO en 689683713 ou ben no email turismo@paradadesil.es.

PUBLICIDADE ---------------------------------------------------------------------------------------------------