“¿Queres vivir unha aventura en plena natureza, coñecer mozos e mozas doutros países e reflexionar sobre a túa relación coa contorna? Esta é a túa oportunidade!”. Ésta é a oferta que se propón dende a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) de Ribadavia, e que está aberta á participación de tres persoas no intercambio internacional “The Whisper of the Leaves” que terá lugar do 18 ao 26 de novembro na localidade de Klaffer (Austria).
Durante o desenvolvemento deste proxecto, establecerase unha convivencia con mozas e mozos de España, Italia, Portugal e Austria, coa organización de obradoiros, xogos e actividades creativas sobre natureza, sostibilidade e conexión con un mesmo. Tamén haberá unha excursión á cidade de Linz e unha noite cultural onde os tres xoves poderán compartir o mellor da súa cultura.
Os gastos da viaxe (ata 309 €, 417 € no caso de green travel), aloxamento e manutención están financiados polo programa Erasmus+ da Unión Europea. As persoas interesadas poden solicitar máis información enviando un correo a omix.ribadavia@gmail.com.