O presidente provincial participou hoxe, na Deputación de Jaén, neste encontro entre institucións locais, na que analizaron cuestións de interese común como o financiamento, o reto demográfico ou a lei de benestar animal
Ourense, 20 de outubro de 2025.
O presidente da Deputación de Ourense, Luis Menor, reivindicou hoxe na Comisión de Deputacións organizada pola Federación Española de Municipios e Provincias, a necesidade de “eliminar ou flexibilizar as regras fiscais” reactivadas polo Goberno de España que impiden ás entidades locais empregar o seu superávit nas necesidades de cada territorio. Unha situación que na provincia de Ourense se ve agravada trala vaga de lumes que afectaron a numerosos concellos ourensáns este verán.
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Tralo remate de reunión, Luis Menor explicou que o financiamento das entidades locais e provinciais foi un dos temas centrais a tratar no encontro. Ademais, analizaron cuestións de interese para a provincia de Ourense como son “o reto demográfico e o despoboamento ou a lei de benestar animal e a súa necesidade de financiamento”.
En definitiva, o presidente provincial salientou a importancia deste tipo de encontros que permiten “poñer en común temas e eivas de interese común no ámbito local e achegar posibles solucións”, xa que na meirande parte dos casos, as entidades locais afrontan os mesmos retos e desafíos na súa xestión diaria.