Expourense ofrece esta fin de semana “o momento e o espazo perfectos para mercar un coche” con 384 oportunidades de atopar o coche idóneo con aforro, todas as garantías, facilidades de financiamento e entrega inmediata. Os 15 concesionarios ourensáns que participan chegan ao 16º Salón do Automóbil – Vehículo de Ocasión con optimismo despois dos bos resultados de público e vendas da fin de semana anterior no que se rexistraron máis de 5.000 visitas e un total de 121 coches novos vendidos. Os expositores esperan superar eses datos durante esta fin de semana.
Trátase dunha cita coorganizada entre Expourense e a Asociación de Concesionarios de Automóbiles de Ourense, ACAUTO, coa colaboración da Deputación provincial de Ourense, na que participan 15 expositores presentan unha ampla mostra de vehículos coas mellores vantaxes de 27 marcas. O presidente de ACAUTO, César Fernández, explicou esta mañá que este é o “momento perfecto para comprar un coche de ocasión porque as marcas pechamos o ano e necesitamos liberar o estocaje de coches de ocasión que temos nas nosas instalacións. O mercado de ocasión é a opción máis buscada polos compradores. Os novos teñen agora mesmo un prezo elevado e quen necesite cambiar de coche quere rapidez e facilidades. O coche de ocasión é a opción perfecta: entrega inmediata e todas as garantías a menor prezo”
No caso concreto da cidade de Ourense, a entrada en vigor nun par de meses do centro histórico como “Zona de Baixas Emisións (ZBE)” prohibirá o acceso ao a vehículos sen etiqueta ambiental, de gasolina matriculados antes de 2000, e de diésel matriculados antes de 2006. “Desde ACAUTO lembran este cambio recomendamos a aqueles que teñan un coche de máis de 15 anos que é hora de cambiar, por seguridade e por sustentabilidade e agora tamén por practicidad. Os eléctricos e híbridos chegaron xa ao mercado de ocasión, pero o diésel e gasolina seguen sendo a opción máis buscada”.
O Salón do Vehículo de Ocasión é unha cita esperada polo público como quedou patente desde primeira hora da tarde desta xornada de apertura, xa que ao pouco de abrir esta edición xa se vían os primeiros carteis de “Vendido”. “O visitante deste salón ten moi claro o que quere, está realmente interesado e vén con clara intención de compra. Xa vén canto antes porque é a mellor forma de que o coche que buscas ou necesitas non estea vendido. Só hai unha unidade de cada coche exposto”, informan desde ACAUTO que hoxe reuniu a boa parte da súa xunta directiva para facerse unha foto de familia no recinto volvendo ter presente a figura de Ramón Seijas Pérez.
Facendo un percorrido polo salón pode atoparse desde un Dacia Sandero con 100.000 quilómetros de 7.900 euros ata un Mercedes GLC Coupé hibrido enchufable quilómetro cero por 69.500 euros. Con todo, é a partir dos 16.000 euros cando a gama para elixir vehículo nesta cita amplíase considerablemente, aínda que poden atoparse coches de menos prezo.
Polo que respecta á compra dun vehículo de ocasión, desde A.C.A.Ou.T.Ou. recomendan acudir sempre a profesionais porque estes ofrecen unhas garantías inexistentes nas transaccións entre particulares xa que, por lei, hai que ofrecer un ano de garantía total, sendo moitas as empresas que estenden esta garantía ata dous anos ou máis, no caso dos seminuevos (de 0 a 3 anos). As garantías ofrecidas aos coches comprados neste salón son moi similares ás dos coches novos, xa que “as marcas están a traballar para profesionalizar o mercado de ocasión e case todas teñen a súa propia división de vehículos de ocasión e a transparencia que hai na actualidade na venda de ocasión non a houbo nunca”, explican.
Como incentivo para animar aos visitantes para axilizar o proceso de decisión, a organización volverá sortear, entre aqueles que pechen a compra dun automóbil durante esta fin de semana, un bono desconto por importe de 6.000 euros a descontar do prezo do vehículo adquirido e que supón o maior desconto realizado en feiras deste tipo en Galicia. Este importe será achegado entre ACAUTO e Expourense. Os coches que ACAUTO venda neste salón de ocasión tamén están incluídos na achega que se fará a Cáritas por cada unidade vendida.
O horario do 16º Salón do Automóbil de Ocasión será mañá sábado de 10,00 a 20,30 h., e o domingo de 11,00 a 20,00 h. O prezo da entrada é de 3 euros (menores de ata 12 anos gratis). Esta cita conta ademais con servizo de Ludoteca Infantil gratuíta.















