A Área de Mocidade do Carballiño convida á rapazada a divertirse este venres no túnel do terror de Samaín

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Concellería de Comercio, Emprego e Xuventude, dirixida por Diana González, convida á rapazada do Carballiño a desfrutar este venres, 31 de outubro, do túnel do terror de Samaín.

A actividade, totalmente gratuíta, levarase a cabo na rúa do Carmen, ao lado da Praza Maior, durante a tarde do venres. Así, haberá dous pases, ás 19,30 horas e ás 21,00 horas. Non é preciso inscribirse previamente, basta con achegarse ata o túnel.

A proposta está dirixida á mocidade, aínda que os máis cativos do Carballiño tamén poden participar sempre que sexa acompañados dun adulto.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------