A Policía Autonómica pon 5 denuncias en Ourense, entre elas nos concellos de Cenlle e Ribadavia

Axentes da Policía Autonómica levaron a cabo durante a  pasada ponte festiva 15 dispositivos en 6 concellos da provincia de Ourense, nos que foron tramitadas 5 denuncias.

Publicidade

Entre o xoves e o domingo, os axentes realizaron controis nos concellos de Barbadás, Cenlle, Ourense, Pereiro de Aguiar, Ribadavia e Vilamarín, que tiveron como resultado 5 denuncias; as 5 por incumprir o uso obrigatorio da máscara.

Estas accións realizáronse no marco do plan de actuacións específicas destinadas á prevención, inspección e control do cumprimento das medidas fronte á covid-19 adoptadas polas autoridades competentes, e saldáronse con 23 persoas identificadas.

PUBLICIDADE