A Deputación de Ourense pon en marcha un programa de Termalismo Solidario

Publicidade ASPADISI

O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, anunciou na reunión da Xunta de Goberno da institución provincial, celebrada esta mañá, a posta en marcha por parte da Deputación de Ourense dun programa de Termalismo Solidario dirixido a persoal sanitario e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado que ten como obxectivo que estas persoas ?que o están dando todo nestes momentos de tanta gravidade, poidan, unha vez terminada a pandemia, gozar dun saudable descanso e recuperarse física e psicoloxicamente nas instalacións balnearias da provincia de Ourense, afirma o presidente Baltar impulsor desta iniciativa.

O programa consiste na concesión de subvencións destinadas a esta finalidade, axudas que se prestarán até esgotar o orzamento previsto pola Deputación de Ourense para esta partida, que ascende a 30.000 euros, que terá como finalidade subvencionar en balnearios da provincia de Ourense programas de estancias e tratamentos para persoal sanitario e das Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

HIPER MASIDE

A realización das estancias ou recepción dos tratamentos subvencionados a través destes programas terá lugar desde a semana seguinte a aquela en que se posibilite a reapertura dos establecementos hostaleiros e balnearios por parte das autoridades e até o 15 de decembro de 2020, e sempre nas datas elixidas polas persoas solicitantes dentro períodos ofertados para cada programa. Os períodos de realización das estancias iniciaranse sempre un luns, día de chegada, até o sábado, día da saída.

Modalidades de estancias

-Estancias balnearias: subvenciónanse estancias nos establecementos balnearios da provincia de Ourense de 6 días de duración (5 noites) de luns a sábado (en réxime de habitación dobre compartida, pensión completa, 10 técnicas balnearias e posibilidade de revisión médica dos beneficiarios.

-Estancias balnearias + tren: nesta modalidade os beneficiarios disporán ademais dos billetes de tren (ida e volta), desde algunha das estacións termais que participan neste programa e que se refiren no convenio subscrito entre Deputación de Ourense e Renfe até a estación de Ourense. Os balnearios proporcionan servizos de traslado desde a estación de Ourense até os balnearios (ida e volta). O custo do billete, que será abonado pola persoa beneficiaria, incluirá a tarifa prevista por Renfe para este programa.

-Estancias balnearias con ou sen tren para grupos: estas subvencións financiarán as estancias balnearias de grupos. Para iso terán cumprir as seguintes condicións: que agrupen, polo menos, a 20 persoas en concepto de solicitantes e/ou acompañantes; que a solicitude sexa tramitada por unha entidade adherida ao programa; que o grupo de solicitantes realice un programa de estancias nun mesmo establecemento balneario e dentro do mesma quenda.

Ademais, os tratamentos terapéuticos sen estancia (reumatológico e respiratorio) inclúen, en todos os casos, consulta médica á chegada ao balneario. Os tratamentos terapéuticos ofertados neste Programa poderán ser de: 35 ó 20 técnicas balnearias, repartidas ao longo dun máximo de 15 días, ou 10 técnicas balnearias repartidas ao longo dun máximo de 10 días.

Os balnearios onde se realizarán as estancias e tratamentos son os seguintes: Balneario Hotel Baños de Molgas, Gran Balneario do Carballiño, e os balnearios Caldaria (Arnoia, Laias e Lobios) e os de Cortegada e Caldas de Partovia. Tamén poderán incorporarse durante este ano outros establecementos balnearios da provincia de Ourense que ofrezan condicións semellantes ás definidas nas bases e solicíteno de forma expresa. Os prezos para as persoas solicitantes dos servizos figuran na táboa anexa, e a información sobre establecementos e tratamentos estará dispoñible durante o prazo de formulación de solicitudes, na dirección electrónica: http://termalismo. depourense.é.

Poderán ser beneficiarios das subvencións reguladas neste programa as persoas que reúnan os seguintes requisitos:
a) Ser maior de 18 idade no ano 2020.
b) Ser persoal laboral/funcionario/estatutario do sector sanitario; pertencer aos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, dependentes do Estado, Comunidades Autónomas ou de Corporacións locais; pertencer ás Forzas Armadas.
c) Non padecer enfermidade nin alteración ou contraindicación médica que dificulte ou impida a normal convivencia nos establecementos balnearios, así como cumprir as condicións que estableza o goberno por causa do COVID-19.
d) Ser persoa válida para as actividades da vida diaria.

Tamén poderá ser beneficiaria da subvención, como acompañante, calquera persoa maior de idade que desexe aloxarse nos establecementos balnearios e/ou recibir os tratamentos acompañando a unha persoa que reúna os requisitos sinalados nos apartados anteriores. Nos balnearios que fagan oferta familia, poderán engadirse á solicitude un menor de 12 anos por cada persoa solicitante que cumpran os requisitos anteriores ou unha persoa de entre 12 e 18 no caso de solicitudes sen acompañante maior de idade.

As solicitudes poderán presentarse desde o día seguinte a aquel no que o Goberno estableza a posibilidade de facer a reapertura dos balnearios e estes estean en condición de fixar a data de inicio deste programa, e até esgotar o crédito orzamentario, e sempre dentro dos períodos ofertados durante o exercicio 2020. As solicitudes deberán tramitarse telemáticamente, a través da dirección electrónica http://termalismo.depourense.es da Deputación de Ourense (na páxina seguinte figura o anexo cos prezos e os balnearios).

Discurso de Manuel Baltar

Os detalles deste programa de Termalismo Solidario analizáronse hoxe na Xunta de Goberno da Deputación de Ourense, tras a cal o presidente Baltar emitiu un comunicado ao cumprirse un mes desde que o goberno provincial comezase coas medidas de apoio e cooperación no ámbito sanitario, social e económico, destinadas a paliar no posible as consecuencias da pandemia do COVID-19 na provincia de Ourense, entre elas tamén, a creación -impulsada por Manuel Baltar- do Comité do Día Despois, que tamén hoxe celebrou a súa reunión semanal e na que o presidente deu conta das iniciativas postas en marcha pola Deputación durante este período do estado de alarma.

Ao termo da reunión, Baltar destacou no seu discurso dirixido á cidadanía ourensá que nestes momentos de dificultade quero agradecervos persoalmente o voso comportamento e a vosa actitude, clave para combater a esta pandemia, e remarcou: Por suposto non quero esquecerme de recoñecer o labor do persoal esencial nesta crise: o sanitario e as forzas e corpos de seguridade do Estado e todos aqueles que traballan para fornecernos produtos e servizos de primeira necesidade

O presidente expresou o seu pésame ás vítimas deste virus mortal. Toda a miña solidariedade para as súas familias en momentos dolorosos como estes, e tamén toda a forza deste goberno para os contaxiados e os seus seres queridos, para que superen canto antes este momento tan complicado, e subliñou a serie de medidas que está a impulsar a Deputación para cooperar e axudar a salvar esta situación tan delicada, algo que seguiremos facendo durante este mes de abril con novas iniciativas de apoio aos concellos e entidades para seguir traballando por Ourense, dixo, remarcando o seu admiración e recoñecemento pola poboación ourensá, polo voso comportamento exemplar, e concluíu expresando os meus mellores desexos de superar, xuntos, unidos, esta situación