O Psedg informa en Xinzo sobre a declaración da renda destinadas aos retornados

IES CHAMOSO LAMAS

A secretaría provincial de migracións do PSdeG-PSOE de Ourense comezou a súa rolda de sesións informativas sobre a declaración da renda, e destinadas, principalmente, ao colectivo de emigrantes retornados. O primeiro dos encontros celebrouse no salón de plenos do Concello de Xinzo de Limia e contou coa participación da alcaldesa da localidade, Elvira Lama, e do secretario provincial de emigracións, Luís Gulín, que escoitaron as inquedanzas de varios veciños e veciñas da vila e tamén lles informaron dos pasos a seguir.

Ante máis de 20 persoas, principalmente retornados de Alemaña, explicouse as exencións a tributar polas pensións estranxeiras e a problemática do pago do 5 por cento á Facenda de Alemaña, polas pensións percibidas dese país. Os socialistas destacan que esta temática especial “foi a que máis preguntas e dúbidas suscitou no público asistente”.

OZOCOgz Deseño Galego

O secretario provincial de migración, Luís Gulín, tamén puido constatar, tal e como explica, que “moitos dos retornados de Alemaña, que perciben unicamente pensións dese país, ignoran que aínda poden rectificar as declaracións das rendas en España do 2017-2020, solicitando a inclusión nas mesmas dos gastos sociais que queda Alemaña das súas pensións”. Gulín indicoulles a documentación a achegar para as súas xestorías e asesorías de confianza ou para a propia Axencia Tributaria de España.

Outro dos puntos que maior interese suscitou, tal e como apuntan dende a secretaría provincial de migracións, “foi a tramitación da prestación de dependencia alemá, a súa casuística, baremos, prestación económica etc”. A sesión finalizou cun breve resumo sobre a nova pensión básica alemá para a cal non hai que facer ningún trámite en especial. “Aquí a Seguridade Social alemá contactará en concreto con cada persoa beneficiada se procede”, apunta Gulín.

A próxima sesión a celebrar será este próximo sábado, día 2 de abril, na Casa da Cultura de Verín. Tamén están previstas sesións en Oímbra, Vilar de Barrio e O Barco de Valdeorras, todas elas antes da chegada da Semana Santa.