A Xunta confirma a contitución do Consello Regulador da Indicación Xeográfica Protexida Pan de Cea

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, presidiu hoxe a constitución do novo pleno do consello regulador da indicación xeográfica protexida (IXP) Pan de Cea, no marco das renovacións dos órganos de goberno de 15 consellos reguladores do ámbito agroalimentario, segundo o establecido na orde da Consellería do Medio Rural publicada no Diario Oficial de Galicia (DOG) o pasado no 10 de novembro.

Así, este novo pleno quedou conformado por 4 vogalías da candidatura única correspondente a Elaboradores Independentes de Cea. Tras a toma de posesión, os vogais aprobaron que a presidencia do consello regulador a asuma Carlos Manuel Rodríguez Rodríguez e a vicepresidencia sexa asumida por Juan Luis Calviño Testa. En ambos casos, repiten no cargo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Cabe lembrar que nas pasadas eleccións só votaron determinados censos dos consellos reguladores das denominacións de orixe (DO) vitivinícolas de Monterrei, Rías Baixas, Ribeiro e Valdeorras. Tamén, no da indicación xeográfica protexida (IXP) Mel de Galicia e no das IXP das Carnes de Vacún de Galicia. O resto de censos tiñan candidatura única ou chegaron a un acordo.

Ao longo do día constituiranse tamén os consellos reguladores da DO Ribeiro e da IXP Castaña de Galicia. Durante a semana tamén quedarán constituídos os novos consellos reguladores das indicacións xeográficas protexidas (IXP) Carnes de Vacún de Galicia e Pataca de Galicia; así como as denominacións de orixe de Ribeira Sacra, Monterrei, Rías Baixas e Valdeorras. Por último, tamén se constituirá o novo Consello Regulador de Agricultura Ecolóxica de Galicia.