O Cine Club remata as proxección de outubro co filme español “El amor en su lugar”

Este venres, o Cine Club pecha a programación do mes de outubro coa última película de Rodrigo Cortés, “El amor en su lugar”, unha mestura de romance, drama e musical ambientada no gueto de Varsovia no ano 1942. Unha película emotiva e fermosa, cunha impecable factura técnica e artística.

Os pases serán coma sempre no Auditorio Manuel María, ás 20:00 e ás 22:30 horas, neste caso os dous en castelán. 

AVANTAR ACTIVIDADES

O cine club, ademais das proxeccións, este ano quere retomar outras actividades complementarias, como facían antes da pandemia e tentaron recuperar o pasado ano, con colaboracións con outras entidades e optando tamén polas bandas sonoras dos filmes como reclamo.