A Feira do Stock celebrarase os días 18, 19 e 20 na Praza Maior e nos establecementos asociados

A Feira do Stock do Carballiño, organizada polo Centro Comercial Aberto, estaba prevista para a súa celebración a pasada fin de semana. A causa da situación meteorolóxica, a organización e os comerciantes tomaron a decisión de modificar as súas datas para esta fin de semana, os días 18, 19 e 20 de marzo. A inauguración será o venres, ás 16:30 horas.

Ademais, pola compra nos establecementos asociados, poderá saír gratis o agasallo para o Día do Pai, enviando o ticket de compra ó correo electrónico do CCA e entrando no sorteo.

AVANTAR ACTIVIDADES

Dende o concello do Carballiño, colaborador deste evento, animan a todo o mundo a que participe mercando nesta feira, recalcando a oportunidade de coincidir co Día do Pai, e tratando de axudar a un sector que se pasa por un momento difícil.