O Concello do Carballiño convoca á comisión informativa de asuntos xerais previa ao pleno que será finalmente o mércores 17 de xuño e no que no irán as bases…
VIDEO
ASUNTOS DA CONVOCATORIA:
1. Aprobación da acta da sesión anterior
2. ELECCION MEMBROS MESAS ELECTORAIS.
3. Expediente 1856/2020. Recoñecemento Extraxudicial de Créditos. (Facturas anteriores )
4. Expediente 2808/2018. CONCESION MUIÑO DAS LOUSAS. Priego concurso para licitar o servizo.
5. Expediente 1713/2020. Contratacións SAF. Modificacións admitidas de varias alegacións que se fixeron ao Priego de condicións para sacar a concurso o servizo.
6. Expediente 2290/2020. MOCION BNG. Moción para a recuperación do complexo deportivo de Pena Cobertoira; e a que veñen de presentar por vía de urxencia para que se axilice a elaboración das bases das axudas a pemes e autónomos.
7. Expediente 2301/2020. MOCION PP. Reiteran a posta en marcha do concurso de ideas para dinamizar o parque municipal.
8. Expediente 2260/2020. MOCION ESCO. Na que solicitan o documento que acredita a paralización do cobro das taxas de lixo dos veciños de Arcos; petición de ampliación do solo industrial e a solicitude de apertura da Residencia de Tempo Libre.
O pleno será finalmente o mércores 17 e non irán as bases na orde do día, aprobaranse, según indica o alcalde, probablemente en xunta de goberno.