Manuel Baltar lamenta que o Goberno “lastre e asfixie” as economías dos concellos ao vetar as emendas da FEMP aos orzamentos xerais do Estado

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

O presidente da Deputación de Ourense participou esta mañá por videoconferencia na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), celebrada tamén de modo presencial na localidade malagueña de Estepona

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Ao termo da reunión, Manuel Baltar asegurou que “os municipios e as provincias españolas seguiremos insistindo nas nosas demandas, agora coa tramitación dos orzamentos no Senado”, denunciado ao mesmo tempo que o Goberno “siga sen cumprir o seu compromiso de convocar a Comisión Nacional de Administración Local antes de final de ano”

A FEMP exporá a presenza dos gobernos locais nas decisións e na asignación dos Fondos Europeos do período 2022-2027, poñendo así en valor a capacidade de xestión que os concellos e deputacións realizan dos fondos de recuperación

Ourense, 29 de novembro de 2022.- O presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar, participou esta mañá por videoconferencia na Xunta de Goberno da Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP), celebrada tamén de modo presencial na localidade malagueña de Estepona. Ao termo da reunión, Manuel Baltar lamentou o veto do Goberno central ás emendas presentadas pola FEMP aos orzamentos xerais do Estado para 2023, “unha forma de lastrar e asfixiar as economías dos concellos e, en consecuencia, da poboación e as empresas de cada municipio”.

O presidente da Deputación expresa a súa decepción polo rexeitamento “a unhas propostas que foron lanzadas de modo unánime desde o mundo municipal, sen partidismos nin ideoloxías”, advertindo ademais que esta decisión supón “deixar na estacada á cidadanía, especialmente aos máis vulnerables que necesitan da axuda das súas concellos nestes momentos de crises”.

Manuel Baltar asegura que “os municipios e as provincias españolas seguiremos insistindo nas nosas demandas, agora coa tramitación dos orzamentos no Senado”, denunciado ao mesmo tempo que o Goberno “siga sen cumprir o seu compromiso de convocar a Comisión Nacional de Administración Local antes de final de ano”.

Para o presidente do goberno provincial, “cada minuto que pasa sen abordar cuestións tan prioritarias como o financiamento local supón apertar un pouco máis contra as cordas aos concellos”. Neste sentido puxo como exemplo a nova Lei de Residuos, que se estima pode supoñer un gasto adicional para as entidades locais do 1 % do seu orzamento total. Novas normas, di Manuel Baltar, “que chegan ás maltreitas contas municipais sen un cambio do modelo de financiamento e que van supoñer outra carga insostible”.

Capacidade de xestión dos fondos europeos

Os fondos europeos tamén figuraban na orde do día da Xunta de Goberno da FEMP, que acordou expor a presenza dos gobernos locais nas decisións e na asignación dos Fondos Europeos do período 2022-2027, en particular nos Fondos Europeos de Desenvolvemento Rexional, FEDER, que se asignan directamente ás Comunidades Autónomas, e tamén no Fondo Social Europeo (FSE). Trátase así de poñer en valor a capacidade de xestión que os concellos e deputacións realizan dos fondos de recuperación, de modo mesmo máis eficiente que outras administracións. Un informe presentado nesta sesión sinala que a participación local nos Next Generation, dos que España recibiu 7.700 millóns de axuda non reembolsable e 13.500 millóns de préstamos, achégase ao 40%.

Por outra banda, a FEMP mantén a solicitude dunha reunión coa ministra de Facenda, María Jesús Montero, para tratar cuestións pendentes como o fondo de transporte de 2021, ano no que este servizo rexistrou un déficit significativo; o Fondo COVID; as plusvalías; ou as axudas do 30 % para o transporte e a actuación cos concellos en difícil situación económica.