Cine Club proxecta este venres a película “Todo sairá ben” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño pecha este vindeiro venres, día 31, a súa programación de outubro coa proxección da película hongkonesa “Todo sairá ben”, de Ray Yeung, que tamén é o autor do guión.

O argumento conta que Angie e Pat son unha parella que leva 40 anos xunta. Tras a repentina morte de Pat, Angie atópase á mercé da familia da súa parella mentres loita por manter a dignidade e a casa na que os dous viviron durante toda a súa relación.

A película estivo nominada ao Premio do Público no Festival de Berlín, e é unha conmovedora historia que reflexiona sobre as relacións de familia e as clases sociais. Os pases serán coma sempre ás 20,00 horas en versión dobrada ao castelán e ás 22,30 horas en VOS, no Auditorio Manuel María do Carballiño.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------