O servizo de conciliación “Bo Día Familia” e “Divertiño” abre un novo prazo de adminisión

Dende o Servizo Municipal de Conciliación do Concello do Carballiño anuncia que o prazo de inscrición do “Bo día familia” e “Divertiño” estará aberto dende o vindeiro 23 de maio ata o 03 de xuño de 2022.

O “Bo día familia” finalizará co curso actual, comezando o  “Divertiño”  o 27 de xuño. Este servizo ofrécese durante os meses de xuño, xullo, agosto e principios de setembro, ata que dé comezo o vindeiro curso escolar.

AVANTAR ACTIVIDADES

En canto ao horario do servizo de conciliación do verán será de 7:30 a 14:00, de luns a venres.

No comezo do curso escolar 2022-23 iniciarase o servizo de conciliación de Bo Día Familia.

As familias que desexen utilizar o Divertiño e/ou o Bo Día Familia deberán cubrir o formulario de inscrición e presentalo, xunto coa documentación necesaria, no rexistro do Concello.

Os requisitos para acceder a este servizo son os que seguen: menores con idades comprendidas entre os 3 e os 12 anos, empadroados  e escolarizados no Concello do Carballiño.

Con estes programas, o Concello do Carballiño ofrece unha alternativa de lecer para os/as menores que permita unha conciliación da vida familiar e laboral na que as familias poidan compaxinar o traballo e o coidado dos/as seus/súas fillos/as nos meses de vacacións escolares e durante o curso escolar.

As familias interesadas poden completar a información e recoller os formularios de inscrición no taboleiro de anuncios da paxina web do Concello  http://www.carballino.gal, nas dependencias de  Servizos sociais, sitas en Faustino Santalices, 10 (fronte correos ) ou no teléfono 988531076.