
A veciñanza da zona urbana de Corzos, ubicada entre os municipios de Maside e O Carballiño, verá mellorada a súa mobilidade co acondicionamento das infraestruturas viarias da contorna, consistentes en obras de asfaltado de varias rúas e a construción de beirarrúas no perímetro da área recreativa do barrio.

Concretamente, trátase das rúas Manuel Lois Vázquez, Inocencio Portabales, Paco Luis Bernárdez, Xosé González Labrador e José López Rodríguez, que están a recibir unha nova capa de asfalto en quente. Ademais, a empresa adxudicataria tamén leva a cabo a delimitación de novas beirarrúas nos viais que circundan o parque botánico e ecolóxico deste barrio residencial.
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS




O investimento de execución do proxecto achégase aos 80.000 euros, con cargo a unha axuda concedida pola Consellería da Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, e que foi solicitada conxuntamente polos Concellos de Maside e O Carballiño.

















