Menor pon en valor a necesidade de controlar as pragas das vides do Ribeiro “para valorizar a nosa terra”

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O mildiu a flavescencia dourada foron o tema central dunha xornada técnica especializada organizada polo Consello Regulador da Denominación de Orixe do Ribeiro e que clausurou o presidente provincial, Luis Menor. Precisamente, Menor salientou a importancia de controlar estas pragas que ensombrecen a produción desde os seus reservorios nas viñas en desuso, “contribuíndo así a valorizar a nosa terra e a loitar contra o abandono no noso rural”. Recalcou tamén que esa loita  é “o gran reto ao que nos enfrontamos os responsables das administracións”.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

No que atinxe á colaboración da Deputación, Menor quixo remarcar que a  promoción e a modernización son dúas das súas claves, lembrando a implicación activa da institución provincial en grandes avances como o rexistro vinícola, a integración de datos conectados a SIXPAQC “e todo canto contribúa a seguir engrandecendo a Denominación de Orixe máis senlleira de Galicia”.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Tamén valorizou o presidente provincial o valor histórico e cultural do viño do Ribeiro lembrando que ” a historia de Galicia non se pode explicar sen o viño do Ribeiro e a súa economía tampouco”, ao ser a Denominación de Orixe máis antiga de Galicia e unha das 19 primeiras de España dende que foran recoñecidas como tal polo Decreto do Estatuto do viño o 13 de setembro de 1932. “Pero aquí levades facendo viño dende hai séculos; así o demostra o voso patrimonio arquitectónico, esas pegadas que a historia deixa nun territorio como testemuñas do tempo”, algo que entronca co enoturismo, unha das liñas estratéxicas que desenvolve a Deputación a través do Inorde para a súa promoción turística.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------