Tiruleque, Grupo de Teatro, porá novamente en escena a comedia “A conspiración da piolla”, que tivo na súa estrea, o pasado domingo, unnha extraordinaria acollida entre os asistentes, que practicamente encheron o Auditorio Manuel María do Carballliño. Esta nova representación terá lugar o vindeiro sábado, 1 de novembro, ás 20,00 horas, e contará con algúns novos actores interpretando distintos personaxes da obra.

Ao remate da actuación entregarase o Premio Tiruleque, consistente nunha placa conmemorativa á mellor obra da Mostra do 2024, que correspondeu a “Soño dunha noite de verán”, que na pasada edición do festival correu a cargo da Aula de Teatro da Universidade de Vigo, Campus de Vigo.
OS MELLORES ESTABLECEMENTOS



Ao acto oficial da entrega espérase a asistencia de dona Susana Reboredo Morilla, vicerreitora da Extensión Universitaria, as dúas directoras da comedia, dona Casilda García e dona Sonia Rúa, así como sete dos acores e actrices, que tamén acudirán no nome de tódolos seus compañeiros de elenco.
E a o día seguinte, domingo 2 de novembro, Rebuldeira Teatro achegarase á vila cunha irreverente representación de “Os vellos non deben de namorarse”, coma homenaxe aos 75 anos do falecemento de Castelao.

Coma sempre, as actuacións desta ‘XVIII Mostra de Teatro Amador Terras de Orcellón’ son ás 20,00 horas no Auditorio Manuel María, baixo o patrocinio do Concello do Carballiño e da Deputación Provincial de Ourense. O custe da entrada é de 5€.

















