O sábado (día 8) na tenda OZOCOgz: presentación do poemario de David Otero

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O vindeiro sábado 8 de novembro ás 12:30 horas, celebrarase no espazo OZOCogz deseño galego (Rúa Curros Enríquez, 29 – O Carballiño) a presentación do libro Conecta co íntimo, da autoría de David Otero.

No acto, o escritor estará acompañado por Xosé Manuel Eyré, escritor e crítico literario, e Miguel Anxo Fernández, escritor e profesor de cinema. A sesión incluirá tamén unha lectura de poemas a cargo da agrupación A.C. Avantar.

A obra está publicada por Edicións Laiovento dentro da colección Vento e Foli e propón unha viaxe poética cara ao íntimo e ao esencial.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------