A XVIII Mostra de Teatro Amador ‘Terras do Orcellón’ do Carballiño encara o seu remate nesta fin de semana coas dúas últimas actuacións funcións, dos grupos Abázcaro Teatro de Sobradelo (Vilagarcía de Arousa) e HULA, do Hospital Universitario de Lugo.
Así, o grupo Abázcaro visitará O Carballiño mañá, sábado, 8 de novembro, coa comedia “Aquí as fabas, a caldeiradas”, que, situando a representación no rural e na época actual, veñen a poñer en evidencia as contradicións entre a apariencia de dúas familias coa súa situación social e real, mesturando os discutidos amores entre os fillos dunha e doutra familia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O domingo, día 9, pecha a Mostra o grupo de teatro HULA coa comedia “Paga e cala”, unha crítica ao escaso ou inexistente apoio das sociedades de autores ao teatro afeccionado, sempre deficitario económicamente. Curiosamente esta obra foi estreada por Tiruleque o 5 de abril de 2014, e seguramente resultará interesante ver a versión que os facultativos do HULA presentarán este domingo.
Coma sempre, as actuacións son ás 20,00 horas no Auditorio Manuel María do Carballiño, patrocinadas polo Concello do Carballiño e a Deputación Provincial de Ourense. O prezo da entrada é de 5 euros.

















