Novembro de 2024 – O vindeiro domingo 16 de novembro, a Bodega de Flores converterase nun punto de encontro para a cultura e o lecer coa celebración dunha “Tasca e Literatura”. O evento dará comezo ás 12:30 horas.
O acto será unha homenaxe a Víctor Gulías impulsor das “Tasca e Literatura”, nunha cita que axuntará o pracer da boa literatura co ambiente distendido dunha bodega.
Tasca e literatura achegase unha vez mais o panorama cultural do Carballliño, desta volta, cunha homenaxe poética a Victor Gulias finado recientemente e membro da Agrupación Cultural AVANTAR
Creadores posuidores de diversos estilos literarios daranse cita o domingo 16 as 12.30 h na Adega Flores -O Carballiño para lembrar da figura dun POETA da terra, namorado do seu legado castrexo e o seu patrimonio.
O seu activismo cultural deixou unha fonda pegada no tecido asociativo comarcal sendo, entre outras iniciativas , un dos promotores mais significativos da Festa do Castro en San Ciprian de Las.
Na AC AVANTAR destacan o seu protagonismo en aquela proposta denominada ORCELLON, FALA E CANTA, na que a música e a literatura mesturabanse para crear un proxecto con fondas raíces na nosa cultura mais enxebre, sen esquecer as tendencias de vangarda mais innovadores neste eido.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
















