O pianista carballiñés Daniel Pereira lanza un disco dobre

II EDICIÓN COCHES CLÁSICOS NO IRIXO

Un live streaming o 23 de maio romperá as barreiras de distanciamento

XUNTANZA DE CLÁSICOS NO IRIXO

Mañá, sábado 23 de maio ás 19 horas, o pianista carballinés Daniel Pereira presentará o seu primeiro traballo discográfico en live streaming a través da súa páxina web (www.daniel-pereira.com). O evento será presentado por Eva Sandoval e Clara Sánchez de Radio Nacional de España, e contará cos invitados especiais Donald Manildi -director dos International Piano Arquives at Maryland ( IPAM)- e Maxwell Brown – mánager de proxectos da mesma institución americana e única no mundo-, ademais da actuación do pianista.

O dobre álbum, producido por Odradek Records, contén 2 horas de música coa integral dos 90 preludios para piano do compositor ruso Alexander Scriabin, sobre o que Daniel Pereira realizou a súa tese doutoral na Universidade de Maryland en 2013.

A crise sanitaria da COVID-19 obrigou a reinventar este evento de presentación que romperá as barreiras de distanciamento a través da tecnoloxía e permitirá reunir convidados e público de todas partes do mundo.

Daniel Pereira graduouse na Universidade Estatal de Nova York, na Universidade de Hartford, e na xa citada Universidade de Maryland. Desenvolve a súa carreira musical en países como España, Portugal, Suíza, Estados Unidos, Brasil, Italia e Luxemburgo. Publicou en Nova York o libro We Can´t Always Play Waltzes, en colaboración co eminente oboísta Bert Lucarelli, e artigos en revistas especializadas. Compaxina a súa actividade concertística co seu labor docente no Conservatorio Profesional Teresa Berganza de Madrid.

Enlace vídeo promocional: