O Carballiño acollerá en marzo o primeiro campionato do circuíto ibérico de jiu-jitsu brasileiro

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O salón de plenos do Concello do Carballiño acolleu esta mañá a recepción de Reyson Gracie, mestre de jiu-jitsu brasileiro e fillo do seu fundador, Carlos Gracie. Reyson, de 83 anos, comezou aos 5 anos de idade a practicar esta arte marcial e hoxe en día é considerado un dos mestres máis importantes da disciplina a nivel mundial. Esta tarde, impartirá un seminario no ximnasio Madokoan do Carballiño.

O alcalde, Francisco Fumega, e o tenente alcalde e concelleiro de Deportes, José Castro, destacaron o importante papel de Reyson na historia do jiu-jitsu brasileiro e agradecéronlle a súa presenza no Carballiño. “É unha honra que estea aquí”, apuntou Fumega, que lle entregou un pequeno obsequio a Reyson.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O brasileiro veu acompañado de Oscar Daniotti, presidente da Federación Internacional de Jiu-Jitsu Brasileiro, e de Claudio Mateo, do ximnasio Madokoan. “Estamos promovendo un circuíto ibérico e sempre tivemos moito interese en traer o jiu-jitsu a Galicia”, apuntou Daniotti. De feito, O Carballiño acollerá o próximo marzo o primeiro campionato do circuíto ibérico en Galicia. “Queremos que sexa o primeiro aquí, e que logo se fagan máis no resto da comunidade”, recalcou Claudio Mateo.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------