Ourense, 18 de novembro de 2025.- Unións Agrarias alerta da situación na que se atopan os rabaños de gando ovino e cabrún en Ourense polo encarecemento da alimentación logo das perdas sufridas polos incendios forestais do pasado verán. Neste contexto a organización reclama unha vez mais a Xunta de Galicia que se adiante o importe das axudas previstas na PAC o igual que xa se ten actualizado para o gando bovino.
As explotacións ourensás dedicadas a ovellas e cabras superan as 2.000 e o número de animais achégase aos 59.000 exemplares o que supón case o 33% de todas as de Galicia. Un dato que pon de manifesto a importancia económica para a provincia deste tipo de granxa. En total a PAC achega á provincia de Ourense uns 15 M€/ano en axudas directas e uns 6,5M€ en axudas de desenvolvemento rural. Unha suma que acada os 21,5 M€/ano.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Ademais hai que lembrar que as explotacións afectadas representan un activo medioambiental imprescindible para o mantemento no espazo rural de franxas verdes que serven de cortalumes naturais nun entorno especialmente afectado pola desertización demográfica e o abandono da actividade agraria.
Os lumes catastróficos dos meses de agosto e setembro tiveron unha incidencia moi alta en prados e pasteiros, que supoñen o elemento fundamental na alimentación dos rabaños de ovino e cabrún, representando o 17% de toda a superficie da provincia. A carencia durante moitos meses de alimento natural, fixo que moitos produtores tiveran que investir grandes cantidades de diñeiro na compra de forraxes e pensos para darlle de comer aos animais.

















