A institución provincial lembra que xa son máis de 5.000 os composteiros entregados en fogares de toda a provincia e anima ás familias a participar, co obxectivo de conseguir entre todas e todos reducir a cantidade de residuos orgánicos
Ourense, 19 de novembro de 2025
A Deputación de Ourense continúa coa súa campaña de promoción do compostaxe nos fogares. Entre outras accións de difusión realizouse un vídeo no que se recolle a realidade de dúas familias que xa participan compostando nas súas casas, ao tempo que comunica os beneficios para quen se anime a facelo e os datos da campaña até o de agora.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
A institución provincial lembra que xa son máis de 5.000 os composteiros entregados en fogares de toda a provincia e anima ás familias a participar, co obxectivo de conseguir reducir a cantidade de residuos nos fogares.
As persoas interesadas só teñen que contactar coa Área de Medio Ambiente da Deputación e faranlle chegar totalmente de balde o seu composteiro, entregado por un técnico que lles explicará como utilizalo e lles axudará a montalo. Outra vantaxe importante de participar nesta campaña consiste en que aqueles fogares que se inscriban e realicen correctamente “compost” recibirán unha redución do 30% no recibo do lixo.
Este plan de acción subliña o compromiso da Deputación de Ourense cos obxectivos de desenvolvemento sostible e coa redución da cantidade de lixo que xera a sociedade Está enmarcada nas axudas en materia de residuos de competencia municipal da Xunta de Galicia, cofinanciadas pola Unión Europea- Next GenerationEU. Plan de recuperación, transformación e resiliencia- Goberno de España.

















