A Fuchela, Cerviño e La Carballiñesa recibirán en Xantar os galardóns de ‘cociñeiras memorables’ do Xeodestino Ribeiro-Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

“Sabedoras, cociñas e cociñeiras memorables do Ribeiro-Carballiño” é un proxecto de investigación antropolóxica centrado na cociña tradicional das dúas comarcas e das súas valedoras: as mellores cociñeiras do rural, promovido polo Xeodestino Ribeiro-Carballiño.

Así, o stand que posúe este destino turístico de Galicia no marco do 26º Salón Internacional de Turismo Gastronómico (Xantar), que se está a celebrar en Expourense, será mañá pola tarde o escenario escollido para a entrega dos diplomas de recoñecemento ás tres cociñeiras carballiñesas elexidas: Ana Corral, de Cafés La Carballiñesa; María José Cerviño, de Confitería Cerviño, e Pilar Fuchela, de Pulpería Fuchela.

OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O acto comezará ás 18,30 horas coa presenza de Francisco Fernández, presidente do Xeodestino Ribeiro-Carballiño, e consistirá na presentación do devandito proxecto e da súa guía gastronómica, a cargo do antropólogo Xoel Méndez e do historiador Xavier Castro. O prato forte chegará coa homenaxe ás tres ‘cociñeiras memorables’ do Carballiño, e rematarase cunha demostración e degustación dalguns das receitas tradicionais destas cociñeiras, que serán reinterpretadas pola chef Begoña Vázquez.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------