A inauguración do Belén de Julio Dabarca e o acendido do alumeado artístico abren mañá o Nadal en Ribadavia

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A Igrexa de Santiago de Ribadavia acollerá ata o vindeiro 6 de xaneiro o tradicional Belén elaborado por Julio Dabarca, veciño da parroquia de Francelos, e que será inaugurado mañá, ás 13,00 horas. Este traballo artesanal poderá visitarse ata a o Día de Reis en horario de 11,00 a 13,00 e de 17,00 a 19,00 horas na devandita capela.

E outra da citas máis esperadas na capital do Ribeiro é o acendido do alumeado artístico de Nadal, que terá lugar tamén mañá, ás 20,30 horas, na Praza Maior da vila, coa presenza do alcalde, César Fernández, acompañado pola Corporación Municipal.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------