O Concello de Boborás ten a honra de informar que a mel “Doce Bágoa”, elaborada por Johnny Trigás Rodríguez, acadou o Premio de Bronce na categoría de Mel de Artesanía Alimentaria na XXIV Cata dos Meles de Galicia 2025.

Este importante recoñecemento, outorgado nun dos certames máis prestixiosos do sector, pon en valor:
- O traballo, a dedicación e o coidado das nosas apicultoras e apicultores.
- O compromiso co territorio e a súa conservación.
- A calidade excepcional dos produtos que nacen nas Terras de Boborás.
Desde o Concello de Boborás trasladan a máis sincera noraboa a Johnny Trigás por este logro tan merecido. Un novo éxito que volve situar ao municipio como unha terra de sabor, tradición e excelencia.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Parabéns, Johnny
Seguimos profundamente orgullosos do talento, o esforzo e a paixón da nosa xente
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















