
Tras o éxito acadado o ano pasado, con máis de 8.000 visitantes, Ribadavia acollerá a segunda edición do evento Artesanía, Saber e Sabor, unha iniciativa impulsada pola Xunta que se celebrará entre o 5 e o 8 de decembro no casco histórico da vila cos mellores productos de Artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria. Esta iniciativa será tamén o punto de partida do proxecto pioneiro de revitalización comercial Vilas Vivas, encadrado nas medidas do Plan Estratéxico do Comercio de Galicia 2025-2030.
Vilas Vivas é un proxecto innovador que busca a recuperación e rehabilitación de baixos comerciais en desuso en vilas históricas como Ribadavia, poñéndoos a disposición do tecido comercial e artesán en diferentes formatos. O programa iniciarase na vila do Ribeiro como experiencia piloto antes de estenderse a outras localidades galegas con características semellantes: casco histórico de valor patrimonial, alta concentración de comercios pechados e unha produción local fortemente vencellada ao territorio.
O obxectivo é potenciar o comercio local, reforzando o seu papel na dinamización económica, favorecer a rehabilitación e posta en valor de locais históricos e facilitar espazos a produtores, comerciantes e emprendedores vinculados a sectores estratéxicos como o viño, a artesanía ou o textil.
O arranque de Vilas Vivas coincidirá coa celebración do mercado Artesanía, Saber e Sabor, que nesta ponte volverá converter o casco histórico nun espazo de exposición e venda de produtos artesáns e alimentarios de calidade.

Dos 15 locais que se prevé que estean operativos en 2026, 9 abrirán xa con este mercado: tres deles con negocios adxudicados que iniciarán a súa actividade a partir do 5 de decembro (Colmado de Sabores, Pura Vila e A Tafona do Camiño), e os restantes acollerán diferentes propostas artesanais durante o evento, mantendo a súa apertura durante o Nadal en sinerxía coas actividades municipais e o comercio local.
Posteriormente, os negocios adxudicados manteranse activos e completarase o acondicionamento dos locais pendentes para a súa incorporación definitiva ao programa.

Programa Artesanía Saber e Sabor
O Mercado Artesanía Saber e Sabor permanecerá aberto do 5 ao 8 de decembro, nos seguintes horarios: venres de 16:00 a 20:00 horas; e sábado, domingo e luns, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.
O evento contará coa presenza de 14 obradoiros de Artesanía de Galicia distribuídos entre a Igrexa da Madalena e a rúa Banda da Lira. Ademais, haberá obradoiros gratuítos para todos os públicos e cursos de formación especializada en artesanía vinculada ao Nadal e, como novidade, un espazo específico na Alameda onde os comercios de Ribadavia poderán ofrecer os seus produtos.
- Expositores Mercado de Artesanía Igrexa da Magdalena
Amora, artesanía en lá e papel – Crecente (Pontevedra)
Barreiros Artesanía – Nogueira de Ramuín (Ourense)
Boro – Ourense
Ceibe Madeira – Ribadavia (Ourense)
Cerámica Unzueta – Brión (A Coruña)
Enxógate – Quiroga (Lugo)
Leónlagata – Sanxenxo (Pontevedra)
Lia B – Portonovo (Pontevedra)
María Aba – Ourense
Zeltia ao aire – A Coruña
- Expositores Rúa Banda A Lira
Félix de Martín – Ourense
Julia Vilariño – Pontedeume (A Coruña)
Alberto Lista – Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña)
Mimacuir – Taboada (Lugo)
- A eles súmanse os tres proxectos xa adxudicados no marco de Vilas Vivas que botarán a andar esta ponte:
Colmado de Sabores (Rúa Banda A Lira 1)
Pura Vila (Rúa Rodríguez Moure, 17)
A Tafona do Camiño (Xudería, 14)
- Obradoiros gratuítos abertos ao público sen incrición
Cianotipias con motivos de Nadal
5 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas
6 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Impartido por Peixesapop – Vigo [Pontevedra]
Rúa Rodríguez Moure, 7
Encadernación xaponesa
7 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Impartido por Peixesapop – Vigo [Pontevedra]
Rúa Rodríguez Moure, 7
Estampaxe téxtil
8 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Impartido por Peixesapop – Vigo [Pontevedra]
Rúa Rodríguez Moure, 7
Obradoiro colaborativo de pezas téxtiles de decoración para Nadal
5 de decembro, de 16:00 a 20:00 horas
6-8 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Impartido por Nai Diseños – Vigo [Pontevedra]
Igrexa da Madalena
- Obradoiros con inscrición previa
Iniciación á sombreirería
6-8 de decembro, de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas
Impartido por Félix de Martín – Ourense
Prezo: 50 euros
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal
Rúa Banda A Lira, 2 – 2º andar
Árbore de Nadal con vimbio
6 de decembro, de 11:00 a 16:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Impartido por Julia de la Cal | La Parabólica – O Porriño [Pontevedra]
Prezo: 20 euros
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal
Rúa Banda A Lira, 2 – 1º andar
Adornos de Nadal de cestería
7 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Impartido por Julia de la Cal | La Parabólica – O Porriño [Pontevedra]
Prezo: 20 euros
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal
Rúa Banda A Lira, 2 – 1º andar
Bandexa de Nadal de vimbio
8 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas
Impartido por Julia de la Cal | La Parabólica – O Porriño [Pontevedra]
Prezo: 20 euros
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal
Rúa Banda A Lira, 2 – 1º andar
Elaboración dunha coroa de Nadal
6 de decembro
1ª Quenda: 11:00 a 13:30 horas
2ª Quenda: 17:00 a 19:30 horas
Impartido por Sonia Álvarez, do obradorio Olueis – Ribadavia [Ourense]
Prezo: 20 euros
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal
Rúa Fonte da Prata, 8
Elaboración dun centro de Nadal
7 de decembro
1ª Quenda: 11:00 a 13:30 horas
2ª Quenda: 17:00 a 19:30 horas
Impartido por Sonia Álvarez, do obradorio Olueis – Ribadavia [Ourense]
Prezo: 20 euros
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal
Rúa Fonte da Prata, 8
Elaboración dunha coroa de Nadal con dobre utilidade
8 de decembro
1ª Quenda: 11:00 a 13:30 horas
2ª Quenda: 17:00 a 19:30 horas
Impartido por Sonia Álvarez, do obradorio Olueis – Ribadavia [Ourense]
Prezo: 20 euros
Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal
Rúa Fonte da Prata, 8
- Artesanía Alimentaria
Así mesmo, a Consellería do Medio Rural contará con diversos espazos na Praza Maior para promocionar os produtos agroalimentarios galegos amparados por distintivos de calidade diferenciada. En concreto, haberá unha carpa na que estarán presentes 32 produtores de Artesanía Alimentaria, un espazo dedicado a catas de viños coa participación de 14 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro e outro reservado para actividades infantís.
A maiores, na rúa Yáñez contarase con outra zona para a degustación de produtos de calidade diferenciada chamado “Cousas ricas”, no que se poderán probar receitas elaboradas con estes alimentos.
- Música
Día 6 a las 12:00 h. Pasarrúas Cuarteto Milagriños dende a Praza Maior.
Día 7 a 13:00 h. Pasarrúas Os Carunchos dende a Praza Maior ata o Palco da Alameda.
Día 8 a 13:00 h. Pasarrúas Brigadiers dende a Praza Maior ata o Palco da Alameda.
- Sorteos de produtos Artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria
14:00 horas no mercado de Artesanía Alimentaria. Praza maior (6-8 de decembro)
20:00 horas no mercado de Artesanía de Galicia. Igrexa da madalena (5-8 de decembro)
- Mercado de Nadal de Establecementos Asociados do Ribeiro
Alameda de Ribadavia
11:00 – 21:30 h. (6-8 de decembro)

















