A Xunta fai efectivo o cambio de titularidade da travesía de Trasariz ó concello de Cenlle

Publicidade ASPADISI

A Xunta publica hoxe a transferencia a favor do concello de Cenlle dun treito antigo da N-120, denominado travesía de Trasariz, como paso previo á súa reforma, que se levará a cabo cunha inversión autonómica de máis de 170.000 euros. A trasferencia será efectiva dende mañá, trala súa publicación hoxe no DOG. No mes de xaneiro, o concello e a Consellería de Infraestruturas e Mobilidade asinaron o convenio de colaboración para executar as obras de humanización e o reforzo da seguridade, deste treito de preto de 450 metros de lonxitude. Mediante este convenio, a Xunta asume o custo das actuación e o municipio asume o compromiso de aceptar a titularidade da estrada.