A Comisión das Festas do Campo de O Irixo acaba de lanzar a terceira entrega da súa exitosa saga de vídeos promocionais da lotería de Nadal e Reis, que xa se converteu nun fenómeno viral esperado pola comunidade cada tempada festiva.
O novo capítulo, estreado esta mañá, dá continuidade á impactante historia iniciada no ano pasado. A popular personaxe televisiva do programa Luar, o Sr. Lisardo, sufre un atropelo mortal ao saír do coñecido establecemento O Abanico. Procedese ao seu sepelio. No momento culminante, cando o cadaleito vai a ser sepultado, a perspectiva cambia para amosar ao propio Lisardo no ceo, mantendo unha conversación con San Pedro. Este, tras consultar o libro celestial, anúncialle con sorna que «aínda non é a súa hora». A escena conclúe coa resurrección do personaxe, que volve á vida aparecendo de súpeto vivo no ataude, e desta volta, cun décimo da lotería nas mans.
A estratexia de continuidade narrativa e o humor negro característico destas producións volveu captar a atención masiva nas redes sociais. En poucas horas, o vídeo multiplicou as súas visualizacións en Facebook, Instagram e TikTok, replicando o éxito viral das edicións anteriores. Ademais, esténdese de xeito orgánico a través de WhatsApp, onde veciños e veciñas de O Irixo e de toda Galicia o están a compartir activamente.
A Comisión das Festas do Campo mostrouse «entusiasmada» coa recepción inicial e aproveita para facer un chamamento final á participación. «Agradecemos a colaboración de todos mercando un décimo. Este ano, SI», destacan desde a organización, recordando que os fondos recadados destínanse á financiación das festas locais.
As pezas, caracterizadas pola súa produción caseira e un guión que mestura o costumismo galego con situcións extremas, consolidan unha campaña publicitaria única que xa forma parte do imaxinario navideño da comarca. A expectativa agora é saber se, para o próximo ano, a Comisión volverá superarse coa cuarta parte das peripecias celestes e terrenais do Sr. Lisardo.
A Comisión das Festas do Campo agradecen a colaboración mercando un décimo e lembran que ESTE ANO, SI.
Os puntos de venta son:

O Carballiño
Cafetería Archy
Froitería Fina
Panadería Manolo
Floristería Carmiña
Parrillada Os Amigos
Perruquería Atrezzos
Centro Sociocomunitario
O Irixo
Parrillada Abanico
Casa Gabán
Casa Sergio
Farmacia
Vigo:
Barbería Óscar PG nas Travesas
Ourense:
Café Bar Gráfico na Avda de Portugal
VIDEO DA LOTERIA DE REIS 2025



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

















