Programación de hoxe (luns) en Ribadavia da 2ª Edición do mercado ‘Artesanía, Saber e Sabor’

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Programa Artesanía Saber e Sabor

O Mercado Artesanía Saber e Sabor permanecerá aberto ata o 8 de decembro, nos seguintes horarios: luns, de 11:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:00 horas.

O evento contará coa presenza de 14 obradoiros de Artesanía de Galicia distribuídos entre a Igrexa da Madalena e a rúa Banda da Lira. Ademais, haberá obradoiros gratuítos para todos os públicos e cursos de formación especializada en artesanía vinculada ao Nadal e, como novidade, un espazo específico na Alameda onde os comercios de Ribadavia poderán ofrecer os seus produtos.

  • Expositores Mercado de Artesanía Igrexa da Magdalena

Amora, artesanía en lá e papel – Crecente (Pontevedra)

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Barreiros Artesanía – Nogueira de Ramuín (Ourense)

Boro – Ourense

Ceibe Madeira – Ribadavia (Ourense)

Cerámica Unzueta – Brión (A Coruña)

Enxógate – Quiroga (Lugo)

Leónlagata – Sanxenxo (Pontevedra)

Lia B – Portonovo (Pontevedra)

María Aba – Ourense

Zeltia ao aire – A Coruña

  • Expositores Rúa Banda A Lira

Félix de Martín – Ourense

Julia Vilariño – Pontedeume (A Coruña)

Alberto Lista – Buño, Malpica de Bergantiños (A Coruña)

Mimacuir – Taboada (Lugo)

  • A eles súmanse os tres proxectos xa adxudicados no marco de Vilas Vivas que botarán a andar esta ponte:

Colmado de Sabores (Rúa Banda A Lira 1)

Pura Vila (Rúa Rodríguez Moure, 17)

A Tafona do Camiño (Xudería, 14)   

  • Obradoiros gratuítos abertos ao público sen incrición

Estampaxe téxtil

8 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Impartido por Peixesapop – Vigo [Pontevedra]

Rúa Rodríguez Moure, 7

Obradoiro colaborativo de pezas téxtiles de decoración para Nadal

8 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Impartido por Nai Diseños – Vigo [Pontevedra]

Igrexa da Madalena


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


  • Obradoiros con inscrición previa

Iniciación á sombreirería

8 de decembro, de 11:00 a 13:30 e de 16:00 a 19:30 horas

Impartido por Félix de Martín – Ourense

Prezo: 50 euros

Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal

Rúa Banda A Lira, 2 – 2º andar

Bandexa de Nadal de vimbio

8 de decembro, de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 horas

Impartido por Julia de la Cal | La Parabólica – O Porriño  [Pontevedra]

Prezo: 20 euros

Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal

Rúa Banda A Lira, 2 – 1º andar

Elaboración dunha coroa de Nadal con dobre utilidade

8 de decembro

1ª Quenda: 11:00 a 13:30 horas

2ª Quenda: 17:00 a 19:30 horas

Impartido por Sonia Álvarez, do obradorio Olueis – Ribadavia [Ourense]

Prezo: 20 euros

Inscricións en artesaniadegalicia.xunta.gal

Rúa Fonte da Prata, 8

  • Artesanía Alimentaria

Así mesmo, a Consellería do Medio Rural contará con diversos espazos na Praza Maior para promocionar os produtos agroalimentarios galegos amparados por distintivos de calidade diferenciada. En concreto, haberá unha carpa na que estarán presentes 32 produtores de Artesanía Alimentaria, un espazo dedicado a catas de viños coa participación de 14 adegas da Denominación de Orixe Ribeiro e outro reservado para actividades infantís.

A maiores, na rúa Yáñez contarase con outra zona para a degustación de produtos de calidade diferenciada chamado “Cousas ricas”, no que se poderán probar receitas elaboradas con estes alimentos.

  • Música

Día 8 a 13:00 h. Pasarrúas  Brigadiers dende a Praza Maior ata o Palco da Alameda.

  • Sorteos de produtos Artesanía de Galicia e Artesanía Alimentaria

14:00 horas no mercado de Artesanía Alimentaria. Praza maior (8 de decembro)

20:00 horas no mercado de Artesanía de Galicia. Igrexa da madalena (8 de decembro)

  • Mercado de Nadal de Establecementos Asociados do Ribeiro

Alameda de Ribadavia

11:00 – 21:30 h. (8 de decembro)

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------