Arrinca a edición de outono de Merca no teu comercio na provincia de Ourense

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

            A Federación de Comercio de Ourense, da man da Federación Galega de Comercio e a Xunta de Galicia, pon en marcha a edición de outono da campaña “Merca no teu comercio – Ourense” campaña de ámbito rexional que na provincia de Ourense desenvolverase entre o 1 e o 20 de novembro, sendo o sorteo o 22 de novembro. A entrega de premios terá lugar o 28 de novembro, en Verín.

Nesta edición de outono da campaña sortearase entre todos os tickets rexistrados por comerciantes ou consumidores directamente en www.mercanoteucomercioourenseoutono.com , outros 10.000 euros en premios, repartidos en 50 bonos de 200 euros, que unicamente poderán ser canxeados nos establecementos adheridos.

O domingo día 17 no San Amaro: I Mercadillo de Primavera ----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Ademais, no acto de entrega de premios, sortearase en directo un bono de 1.000 euros. Neste sorteo poderán participar todos os premiados e acompañantes ata completar aforo, segundo as condicións recollidas nas bases (presentar ticket de compra nas datas da campaña e unha participación por persoa, entre outras). Este premio de 1.000 euros deberá ser gastado pola persoa agraciada nunha única xornada de compras dentro da semana seguinte ao sorteo.

A campaña “Merca no teu comercio – Ourense”, busca fomentar as vendas e poñer en valor e promocionar as compras nos comercios de proximidade de toda a provincia, sensibilizando e premiando a fidelidade dos clientes. Esta iniciativa xa tivo unha primeira edición no mes de outubro, cuxa entrega de premios tivo lugar no día de onte en O Carballiño. 31

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------