Cine Club proxecta este venres a multipremiada película “Sorda” no Auditorio do Carballiño

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Cine Club Carballiño ofrecerá este vindeiro venres, día 12 de decembro, a proxección da película española “Sorda”, dirixida por Eva Libertad e protagonizada por Álvaro Cervantes e Miriam Garlo, que fan dúas grandes interpretacións.

O argumento conta que Ángela, unha muller xorda, vai ter un bebé coa súa parella Héctor. O embarazo fai aflorar medos fronte á maternidade e saber como poderá comunicarse coa súa filla. A chegada da nena provoca unha crise na parella e leva a Ángela a afrontar a crianza da súa filla nun mundo que non está feito para ela.

A película foi a gran triunfadora do Festival de Málaga, onde obtivo os premios a mellor película, mellor actor, mellor actriz e o Premio do Público. Tamén gañou o Premio do Público na sección Panorama do Festival de Berlín, foi preseleccionada por España para os Oscar e supuxo a consagración da súa directora na súa primeira longametraxe, despois de sorprender coas súas tres curtas anteriores en compañía de Nuria Muñoz.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

Os pases deste filme serán ás 20,00 e ás 22,30 horas so venres no Auditorio Manuel María do Carballiño.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------