A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García; o tenente de alcalde do Carballiño, José Rafael Castro; e as concelleiras de Servizos Sociais, Silvia Baranda, e Educación, Lorena Castro; reuníronse esta mañá en San Caetano para avaliar novas vías de colaboración entre ambas as administracións para seguir reforzando a atención ás persoas maiores.
Neste sentido, José Rafael Castro explicou á conselleira que O Carballiño é un concello rural cunha poboación envellecida, o que suscita cada vez máis necesidades para poder atender as súas necesidades. Por iso, trasladoulle a importancia de contar cun centro de atención diúrna que ofreza coidados de calidade e tamén permita facilitar a conciliación de moitas familias da contorna.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Pola súa banda, a conselleira indicou ao alcalde que o Goberno galego mantén un compromiso firme coa atención aos maiores e aposta por un modelo no que poñer á súa disposición todos os recursos necesarios para que poidan escoller onde pasar esta etapa das súas vida. Deste xeito, comprometeuse a avaliar o proxecto e estudar a súa viabilidade, co obxectivo de seguir mellorando a calidade de vida dos veciños e que complemente outros servizos públicos autonómicos como a residencia.
















