A Concellería de Educación do Carballiño renova a iluminación do salón de actos da Casa da Cultura

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A área de Educación do Concello do Carballiño vén de renovar integramente a iluminación do salón de actos ‘José Luis Reza Cabano’ da Casa da Cultura e de instalar un novo proxector de alta luminosidade e tecnoloxía láser. A intervención tamén incluíu a substitución do cableado de sinal de vídeo, adaptándoo ás novas tecnoloxías e necesidades dos actuais sistemas de emisión de imaxes.

Lorena Castro, concelleira de Educación, pon en valor a actuación levada a cabo, necesaria para actualizar o salón de actos, moi utilizado para congresos, conferencias e mesmo actuacións. “Seguimos traballando na mellora da Casa da Cultura para que sexa un espazo moderno, cómodo e agradable para a nosa veciñanza”, comenta a edila, que adianta que nas próximas semanas levaranse a cabo novas intervencións no edificio.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

A renovación das luminarias do auditorio ‘José Luis Reza Cabano’ incluíu a substitución das antigas luces de cuarzo lodo do teito por unhas novas con tecnoloxía LED, que permiten unha cobertura uniforme de luz.

Pola súa banda, o novo proxector instalado na sala conta cunha alta luminosidade e tecnoloxía láser, o que supón un importante salto de calidade e uniformidade na proxección. De feito, o sistema permite incluso a exhibición de películas.

Esta intervención súmase ás realizadas pola área de Educación na Casa da Cultura nas últimas semanas para poñer en valor o edificio, tales como a renovación do mobiliario na sala de estudo e na sala de préstamos ou o inicio do proceso de expurgo nos fondos da Biblioteca. “Non serán as últimas actuacións que fagamos este ano, seguimos traballando para mellorar este espazo tan importante na nosa vila”, asegura a concelleira.

PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------