Os socialistas diríxense ó goberno local por medio do rexistro co obxecto de ofrecer a súa colaboración na confección das bases que regularan as axudas de forma directa o sector hostaleiro, as persoas traballadoras por conta propia ou autónomos, microempresas, pemes, os viticultores, bodegueiros, colleteiros ect… para minimizar o impacto do seu peche durante esta pandemia do Covid-19.
Por todo o expresado, os socialistas de Leiro ofrécense a axudar, colaborar e aportar ideas na confección das bases para a que o concello acordou habilitar unha partida de 15.000 euros.