O próximo 19 de decembro ás 19:00 horas, o Museo do Viño de Galicia acollerá un encontro destacado en torno ao viño tostado, un dos produtos máis emblemáticos da tradición vitivinícola galega.
O acto, que contará cun formato de mesa redonda, reunirá a especialistas e investigadores de recoñecido prestixio:
- Xoxé Ramón Pousa
- Xavier Castro
- Antonio M. Amil
A moderación correrá a cargo de Luis Congil.
Como parte central do evento, Xavier Castro presentará as súas últimas publicacións dedicadas á cultura do viño en Galicia: “Tostado. El vino noble de Galicia” e “Los Grandes Vinos Gallegos. Originalidade e historia”.
A presentación irá acompañada dunha degustación de viños tostados procedentes de diversas adegas galegas, ofrecendo aos asistentes a oportunidade de saborear a diversidade e calidade deste produto.
Dada a limitación de praza, é necesaria inscrición previa para asistir. As inscricións poden realizarse a través do correo electrónico mu.etnolouico.ribadavia@xunta.es ou chamando ao teléfono 988 78 87 20.
Data: 19 de decembro de 2023
Hora: 19:00 h
Lugar: Museo do Viño de Galicia

















