
O xurado calificador do ‘Concurso de Escaparates de Nadal’ do Carballiño xa vén de anunciar o seu fallo tras visitar e avaliar os 12 establecementos de hostalaría e comerciais da vila que estaban inscritos no certame, organizado pola Área de Cultura do Concello dentro da programación do Nadal Cultural 2025-2026.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
Os gañadores na categoría de comercio foron Estanco Nº5, Mercería La Moderna e Flor de Lis, que recibiron os seus diplomas e cheques respectivos de 200, 150 e 100 euros; mentres que no eido da hostalaría, os premios recaeron en Cafetería Roraima, Ernesto Patio Bar e Bar La Última, que tamén se levan 200, 150 e 100 euros, respectivamente.
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------

















