Vehículos e motos clásicas concéntranse este domingo no Carballiño para a doazón solidaria de alimentos e mantas

----------------------------------------------------------------------------------------------------------

O Concello do Carballiño colabora na primeira ‘Papanoelada Solidaria’ de coches e motos clásicas da comarca do Carballiño, organizada por Clásicos Irixo, Club Clásicos Arenteiro e Club Clásicos Dacón, e que terá lugar este vindeiro domingo, 21 de decembro. Unha actividade que busca axudar ás familiais máis vulnerables a desfrutar do Nadal a través da doazón de comida e mantas á Cruz Vermella e Cáritas Carballiño, e que nesta primeira edición ten como reto acadar os 200 quilos de comida non perecedoira e 100 mantas.


OS MELLORES ESTABLECEMENTOS


O punto de encontro será a Praza da Veracruz, onde se recepcionará aos vehículos. “Desde as 10,00 ata as 11,45 horas estaremos recibindo aos vehículos e recollendo a comida e as mantas”, detallou Álvaro Núñez, de Clásicos Irixo. Cada participante debe aportar dous quilos de comida e unha manta, que serán entregados a Cruz Vermella e Cáritas. “Ás 12,00 iniciaremos o percorrido pola comarca para volver á Praza da Veracruz sobre ás 14,00 horas”, engadiu.

----------------------------------------------------------------------------------------------------------
PUBLICIDADE---------------------------------------------------------------------------------------------------