O grupo municipal do PSdG-PSOE de Ribadavia presentou xa en comisións de goberno unha moción para instar á Xunta de Galicia, a través da Axencia Galega de Infraestruturas (AXI), a adoptar medidas urxentes que “garantan a seguridade peonil e viaria na estrada OU-403, no tramo entre San Paio e Ponte Castrelo, así como no acceso á N-120 vella”.
Durante a súa tramitación en comisións, “a única resposta ofrecida polo Partido Popular foi que os veciños se puxeron en contacto cunha concelleira do goberno e esta os animou a presentar un escrito á AXI”, aseguran dende o grupo socialista, postura que consideran totalmente insuficiente e reveladora dunha preocupante falta de iniciativa política.
Desde o PSdG-PSOE lembran que o Concello de Ribadavia ten “plena capacidade institucional” para instar formalmente á Xunta de Galicia cando existen problemas de seguridade que afectan á veciñanza, e que trasladar toda a responsabilidade aos cidadáns supón unha renuncia clara ao papel que debe exercer un goberno municipal.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
“Estamos a falar de riscos reais para peóns e condutores, non de trámites burocráticos. O Concello non pode limitarse a mirar para outro lado nin a pedir aos veciños que fagan o traballo que lle corresponde á administración”, sinalan desde o grupo socialista.
A moción responde a queixas reiteradas da veciñanza polo exceso de velocidade na OU-403 desde a mellora do firme no ano 2016, unha actuación que incrementou a seguridade para os vehículos pero agravou a inseguridade peonil. O PSdG-PSOE propoñemos, entre outras medidas, a creación de pasos de peóns en puntos de concentración de poboación, como o acceso ao camiño da igrexa de San Paio.
Así mesmo, alertamos da perigosidade do acceso desde Ponte Castrelo á N-120 vella pola falta de visibilidade, agravada polo estacionamento de vehículos que interfiren nas manobras de xiro. Este punto xa foi escenario de accidentes, como o ocorrido o 9 de setembro de 2026, no que un ciclista resultou ferido tras colisionar cun coche.
Desde o PSdG-PSOE de Ribadavia preguntamonos se o goberno de Fernández ten medo a pedir actuacións á Xunta de Galicia ou se simplemente opta por non incomodar á súa propia administración autonómica, mesmo cando está en xogo a seguridade da veciñanza.
O grupo socialista reclamamos ao executivo local que “asuma as súas competencias, exerza liderado institucional e defenda os intereses de Ribadavia ante a Xunta, sen escusas nin dilacións”.

















