O pleno da Corporación Municipal de Ribadavia aprobou esta tarde, na sesión ordinaria do mes de decembro, a adhesión ao convenio entre a Xunta de Galicia e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) para o desenvolvemento dunha administración dixital. O proxecto ten como obxectivo establecer o marco de colaboración entre o Goberno galego e as entidades locais para compartir plataformas, infraestruturas e recursos dixitais para achegarse á cidadanía e prestar servizos dun xeito máis eficaz.
Deste xeito, o Concello de Ribadavia terá acceso a solucións tecnolóxicas como a plataforma de Contratos Públicos de Galicia (CPG), a Rede Corporativa da Xunta, a plataforma de Intermediación PasaXe! entre as administracións galegas, o Sistema de Licitación Electrónica (Silex) ou o Sistema de tradución automatizada Gaio.



OS MELLORES ESTABLECEMENTOS
O alcalde de Ribadavia, César Fernández, salienta a importancia de contar coas ferramentas dixitais empregadas pola Xunta para mellorar a atención á cidadanía, avanzar na intercomunicación coa administración autonómica e co resto de entidades locais e avanzar na necesaria dixitalización dos servizos municipais.
O convenio firmado entre a Xunta e FEGAMP ten unha vixencia de tres anos, ata o 31 de decembro de 2028.
















